Restaurante Pedro Roca
Oda ao produto galego
Restaurante a tres minutos da praza do Obradoiro, de sala minimalista e sobria que sorprende na súa mesa cunha carta de fortes raíces en Galicia e gran percorrido internacional. Unha celebración dos mellores produtos do mar, do río, do monte e da horta, postos en valor en guisos e estofados de inmenso sabor, empanadas, arroces, tortillas…













Pedro Roca
Experiencia e estilo propio
Pedro Roca, o chef, ten unha dilatada e seria traxectoria que lle leva a combinar con estilo propio, técnicas de alta cociña, inmenso respecto e especial atención ás receitas de cada estación do ano.
Cociña ilustrada galega, a de festa, ben presentada e sen remilgos

A nosa oferta
A carta agasalla ao comensal con receitas tradicionais, en moitos casos esquecidas, que permiten percorrer o territorio galego desde a costa á montaña.